LETRAS GALEGAS 2013

domingo, 12 de mayo de 2013

LETRAS GALEGAS 2013


A Coordinadora galega de ENDL, publica na páxina de actividades de centros a nosa curtametraxe, e fai a súa distribución nas redes sociais. Parabens a todos e todas os participantes!
Nos soños de Bolaño

Os títulos dalgunhas das obras de Vidal Bolaño e a súa transformación nunha nova obra de teatro foron o fío condutor desta proposta orixinal e creativa para achegar o autor aos máis cativos.


http://www.coordinadoraendl.org/letras2013/centros.php

En Tomiño, quixemos rendir homenaxe a un dos GRANDES da nosa cultura galega, e o CEIP de Barrantes, a Ludoteca  Xoaniñas e a Galiña Azul participamos na elaboración deste video que recolle os títulos dalgunhas das súas obras e as transformamos nunha nova obra de teatro. Esperamos que vos guste.

1 comentario:

  1. Ola! Son Cintia, hoxe puxémonos un pouco o día co Blog, e como homenaxe as letras galegas, fago o esforzo de trasmitir o meu mensaxe nesta lingua tan fermosa, e digo "esforzo" porque non é a miña lingua de toda a vida, pero aprendin a quererla e mimarla....E se o mellor cometo algún erro, espero que o sepades perdoar!

    Quero felicitarvos polo voso traballo, o que facedes día tras día, polo entusiasmo co que colledes un proxecto e o levades a cabo. Porque a enseñanza e o aprendizaxe é ver, tocar, sentir, falar, escoitar....non "somos" sen emocions, sen sentimentos, e non crecemos sen eles.
    Seguide así, aprendendo, soñando e traballando moito, moito, para facer realidade os vosos soños!!!
    Un abrazo moi forte!

    ResponderEliminar