IMOS DESCUBRIR O OUTONO
O vindeiro venres 21 de outubro, imos descubrir como foi chegando o outono moi pretiño de nós. Quizás descubramos as cores, as formas, como ule o outono, a música das follas, dos paxaros, as pegadas. As árbores que estaban preto do cole xa non están, que pasou? Levaremos bolsas de tesouros, e co que atopemos quizás poidamos facer unha obra de arte...
jueves, 20 de octubre de 2011
lunes, 17 de octubre de 2011
Canción corre corre cabaciña.
Continuamos traballando o conto corre corre cabaciña. Coa mestra Alba estamos a facer as nosas cabaciñas falantes e coa nosa titora escoitamos a canción " corre corre cabaciña" na PDI da aula de informática.
Esperamos que a disfrutedes o mesmo que nos¡¡¡
Esperamos que a disfrutedes o mesmo que nos¡¡¡
Ademais comenzamos a facer algunha cousiña coas castañas que trouxo a nosa mestra. Deixamosvos un adianto¡¡¡ Son as nosas xoaniñas¡¡¡
domingo, 16 de octubre de 2011
CAEN AS FOLLAS...SINTO UNHA COUSA...
E como por fin parece que o outono está a chegar...xa era hora! que levamos esperando dende o 23 de setembro..., imos recibilo co poema " Caen as follas" de Uxio Novoneyra e cantado por Emilio Cao...falando baixiño, paseniño, sentindo...
O próximo venres 21 de outubro os de infantil imos saír de excursión ao entorno do cole, para recibir o outono, observar que hai de distinto, recoller mostras, buscar pegadas,... descubriremos moitas cousiñas, e pasarémolo moi ben...se non chove!.

XA ESTOU AQUÍ!
E chegou o outono. As bolboretas de 3 anos descubrimos que as follas cambiaron de cor no patio, e na aula tamén; trouxemos moitas cousiñas de outono e montamos o noso recunchiño na aula: as castañas, como pican os ourizos!...pero se os abrimos cos pés non!. A nosa clase cheira a outono, cheira a mazás, a follas de castiñeiro e carballo, o millo, ás mazás, ás cocas, ás landras, a cabazas...e as cores de outono que lindas son!... e bailan as follas...facemos un cuadro? e...unha ventá ao outono?...a ver, a ver que podemos facer!
Xa chegou o outono- 2011 - foto montaje
E o outono chegou tamén vestido de arte, cheo de cores, cheo de follas...e tamén de círculos: redondo, redondo, redondo, redondiño...rola, rola, rola un pouquiño...

jueves, 13 de octubre de 2011
As nosas bruxas
Como está moi preto a celebración do Samaín xa empezamos a facer algunha cousiña.
Esperamos que vos guste o resultado ¡¡¡¡
martes, 11 de octubre de 2011
Corre Corre Cabaciña da editorial OQO
Os nenos de 5 anos, estamos traballando este conto en Inglés coa mestra Alba, tamén o traballaremos en Galego coa nosa titora.
Corre corre cabaciña
View more presentations from charolansvilas
Arcimboldo
Hoxe estivemos traballando a Arcimboldo. Coñecedes a súas composicións? Pois os nenos de 5 anos estivemos traballando estas dúas obras:

Despois de observar as obras e analizar os elementos que as integran decidimos facer as nosas propias composicións tendo en conta o método de traballo deste artista. Estas foron alguns dos nosos traballos.
Os nosos cogumelos
Coa axuda da nosa titora, corchos das botellas, plastilina e con lentellas fixemos estes cogumelos.
Quedaron moi bonitos¡¡¡ pero coidado¡¡¡ son venenososssssss¡¡¡
O outono
Os nenos da clase de 5 anos xa empezamos a traballar o Outono, ainda que este ano estase a retrasar un pouqiño¡¡¡ Estes son algúns dos traballos que fixemos e cos cales disfrutamos moitisimo.
Coas follas secas do outono fixemos estes divertidos Papás Outono¡¡¡
Tamén pintamos coas cores propias do Outono: o amarelo, o marrón, o laranxa e o verde. Este foi o resultado.
Ademáis, tamén fixemos as nosas primeiras obras de arte con elementos do entorno. Pintamos pedras de distintos tamaños empregando distintas cores e con elas fixemos a nosa primeria composición de elementos naturais. Este foi o proceso.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)