LETRAS GALEGAS 2013

Mostrando entradas con la etiqueta INFANTIL. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta INFANTIL. Mostrar todas las entradas

sábado, 19 de noviembre de 2011

Santi contounos uns contiños

O martes 22 de novembro, Santi ( pai de Santi e Brais) estivo no cole contándonos uns contiños pequerrechiños; o primeiro era dunha folliña que non se enterara de que chegara o outono e non quería caer; o segundo era o conto dos tres porquiños, pero non sabiamos que o lobo convertiuse no primer lobo astronauta da historia, porque chegou á lúa cando queimou o cu, na pota de auga quente...cando voltou á Terra xa era vexetariano, porque na lúa so comía leituga, tomate, e moitas verduras. Santi, podes cantarnos tamén unha canción?...Claro!


Espero el tren de las cinco de la tarde,
un señor le dijo a otro señor,
que en el tren de las cinco de la tarde
hay un vagón cargado de....



Noelia e Mónica contáronnos uns contiños


Estas mamas de 3 anos viñeron a escola a contarnos uns contiños: os tres porquiños e pinocho.
Estivemos na biblioteca e o pasamos moi ben, e iso que non mantivemos todo o silencio que deberiamos e houbo que lembrar as normas unha vez máis. Gracias mamis por facernos pasar un rato tan agradable.

viernes, 11 de noviembre de 2011

XOGANDO CO MILLO
Hoxe estivemos os de infantil "xogando co millo"; lembramos que no Samaín fixeramos un taller de escobas feitas de paus de millo con follato, e lembramos tamén que o curso anterior fixeramos pan de millo despois de visitar o muiño de Barrantes. Comparamos o millo grande con un pequeniño e ...que se poderá facer co millo grande? que si, que si, que co millo grande podemos facer pan e co millo pequeno...palomitas. E poderiamos facer unha sesión de cine con palomitas? Siiiiiii!! Vale pois entonces quedamos o venres 18 de novembro, vale?  vale!.
Anda!, e o carozo, que facemos con el? que poderiamos facer? un por un os nenos /as de 3, 4 e 5 anos van dicindo cousiñas posibles de facer ou ser e así:
 unha nariz de pinocho, poden ser dous cornos, tamén pode ser un avión, uns paus para unha bateria, tamén poden ser letras o Y, o E, o T, o A...si, si pero tamén poden ser números...mira o 1!
Bueno pois que tal se levamos para casa un carozo e o convertimos en algo fantástico; podemos traelo o luns e imos facer unha exposición e un libro que se chamará " Carozos". Por certo o luns entre todos imos facer unha escultura de carozos, pero ímolos pintar primeiro...a ver que nos sae.







lunes, 24 de octubre de 2011

CONTOS DE OUTONO
O venres 21 de outubro, chegou a escola Cintia (a mamá de Malena) e non viña soa; traía dous contiños, para ler ao aire libre que cheira a outono; así que sentámonos e escoitamos moi atentamente, primeiro un contiño da tartaruga que comía moi apresa...e despois un conto clásico: "O lobo e as sete cabritas" . como nos gustou tanto o conto, decidimos dramatizalo, e vivir o contiño como se fósemos nós os protagonistas; decidímolo a sortes. Estes peques de infantil son fantásticos actores; os demáis fóron tamén uns espectadores marabillosos e así puidemos disfrutar moito co conto. Non puidemos grabar o final da historia por problemas técnicos, pero contarvos, que o lobo, cansouse, e iso de que lle meteran pedras na barriga non lle gustou nada e chorou un poquichiño; así que decidiu que outro lobo ocupase o seu lugar. Reimonos moito e pasamos un rato estupendo. Gracias Cintia por compartir con nós este momento.



domingo, 16 de octubre de 2011

CAEN AS FOLLAS...SINTO UNHA COUSA...

E como por fin parece que o outono está a chegar...xa era hora! que levamos esperando dende o 23 de setembro...,  imos recibilo co poema " Caen as follas" de Uxio Novoneyra e cantado por Emilio Cao...falando baixiño, paseniño, sentindo...
O próximo venres 21 de outubro os de infantil imos saír de excursión ao entorno do cole, para recibir o outono, observar que hai de distinto, recoller mostras, buscar pegadas,... descubriremos moitas  cousiñas, e pasarémolo moi ben...se non chove!.