LETRAS GALEGAS 2013

lunes, 18 de julio de 2011

BLOGS DE AULA


Na cartelera de blogs recomendados, non esquezades o da profe Ana tamén " Con ganas de aprender"; o enderezo é o seguinte :    http://anfe-conganasdeaprender.blogspot.com/   


Graduación 5 anos- curso 2010-2011


QUE ANO TAN FANTÁSTICO!

ÁS VOSAS MIRADAS E AOS VOSOS SORRISOS DEBO ESTE ANO A MIÑA FELICIDADE.
QUE VOS QUERO É POUCO. LEVO TANTO CARIÑO VOSO DENTRO DE MÍN QUE NON SEI QUE ABRAZO DAROS PARA DICIRVOS O MOITO QUE VOS QUERO.
PERO ESTOU CONTENTA PORQUE SE A VIDA MO PERMITE VEREIVOS CRECER E PODEREI COMPARTIR CON VÓS AÍNDA MOITOS MOMENTOS ESTUPENDOS AO VOSO LADO.
DESEXO QUE SEXADES PERSOAS NOBLES E DE BO SENTIR E QUE A VIDA VOS SEXA DULCE E  NOS PERMITA DISFRUTAR DE VÓS E DO VOSO BO FACER.
QUERO QUE SAIBADES QUE HOXE E SEMPRE ESTAREDES  NO RECUNCHO DO MEU CORAZÓN, QUE SE FIXO MÁIS GRANDE CON VÓS.
A PROFE MARÍA

e agora...a bailar! Danza Kuduruuuuuuu! Una mano arriba, cintura sola...5 anos e 6º! sodes fantásticos, abofé que si...sobran as palabras...

       TURONIA INFANTIL 2011


E chegou o día...e alí estabamos os de infantil dispostos a ir ao muiño do señor Antonio. El estaba a agardar por nós para explicarnos as partes do muiño e o funcionamento do mesmo. Descubrimos o millo, que nos ensinou Begoña, debullámolo e observamos que o millo das palomitas é máis pequeno que o millo que se emprega para facer o pan. En grupiños pequenos visitamos o muiño...Guau!, as telas de araña están brancas pola fariña. Cando rematamos, as nais da ANPA trouxeron unha rosca para merendar...pero que vai chover, que o digo eu!- dicía Bego. _ Cando as nubes veñen por Pinzás ou a Guardia é que chove seguro, segurísimo.... !
_Non hai chuvia que se resista ao sol solecito...e veña a cantar,...e cantamos  caliéntame un poquito e todo arranxado!...Ai, ai, que parece que vai chover! Clin, Clin, Clin, ...que chove! 
_ Claro, as nubes viñan de Pinzas, xa o dicía eu...
 Cando chegamos ao cole, Patricia a nai de Noé fíxonos un pan de millo e amosounos a forma de facelo, os ingredentes, e como xa tiña un cocido, probámolo...riquísimo!






O MUIÑO-1. Os muíños de auga ou de río funcionan gracias ó aproveitamento da forza da auga. Para que a auga poida move-la roda do muíño, necesítase que a auga chegue cunha certa velocidade. Con esta finalidade, existen dous tipos de canalizacións da auga:
a) Mediante unha pequena canle que desvíe a auga do río ata o interior do muíño.
b) Mediante a construcción dunha pequena presa que permita acumula-la auga e soltala cando interese, para que saia con maior forza.

2. Os muíños de auga utilizábanse, xeralmente, para moer grans de millo, trigo e centeo. 
De forma que, en función de cada especie, construían muíños diferentes. Pois os grans de millo son máis duros que os de trigo e centeo e necesítase unha pedra ou “moa” máis grosa para tritura-los grans e obte-la fariña. Desta forma existen diferentes muíños de auga:
a) Muíños de millo, como o visitado en Sanín.
b) Muíños de trigo 
c) Muínos de centeo
Estes muíños empregábanse para obter fariña para consumo humano (facer pan, empanadas, etc.) ou para alimenta-los animais. Diferenciando tamén fariña de millo, de trigo e de centeo. Coa fariña de trigo elabórase o pan que normalmente atopamos nas panaderías, coa de centeo elabórase un pan máis escuro e coa de millo o pan ten unha cor máis amarela.

3. No interior do muíño, cada compoñente ten o seu nome e funcionalidade. De forma esquemática falaremos de cada unha das partes dun muíño de auga que, dependendo da rexión xeográfica na que se encontren varían de nome:

- Cando chegamos á porta do muíño, atopamos unha pedra saínte chamada ”repousadoiro” ou “pousadorio”(Número 9 no debuxo do muíño), utilizado para apoia-lo saco cos grans de millo, trigo e centeo mentres abrimos a porta do muíño.
- Dentro do muíño atopámo-las diferentes partes do mecanismo que aplasta e tritura os grans para obte-la rans de millo. Este caixón chámase moega”
.(Número 4).

b) Da moega, os grans pasan por un caixón máis pequeno antes de caer no interior da pedra de moer. Este pequeno caixón chámase 
“quenlla”. (Número 5).

c) Da quenlla, sae unha pequena peza de madeira que está en contacto coa pedra de moer. Esta peza chámase 
”traque”, (Número 6) pois cando se move a roda emite un son que parece dicir traque, traque, traque, que axita a quenlla e permite que os grans vaian caendo ó centro da pedra de moer, coñecido como o”ollo da moa”.

d) A pedra de moer 
(Número 7), coñecida como ”moa”, móvese gracias á forza de auga e ó mecanismo que está na parte inferior do muíño, coñecido como”inferno”. Cando a roda xira, vai triturando os grans de millo contra a pedra que ten debaixo, chamada ”pé da moa”. (Número 15)
Entre as dúas pedras existe unha pequena separación, que pode aumentar ou diminuír segundo queiramos que a fariña teña máis ou menos grosor. Para controlar esta separación utilízase unha pequena peza chamada
”aliviadoiro”, (Número 12) que “alivia” a presión entre as dúas pedras e permite que a “moa” triture máis os grans.
A fariña vai caendo polo lado exterior da pedra. A fariña que se recolle era para consumo humano e a que caía ó chan utilizábase para alimenta-los animais. Entre as dúas pedras, sempre quedan restos de fariña moi triturada e de moi boa calidade. Esta fariña tan boa coñécese co nome de 
”óleo” .
Cando a moa está triturando os grans de millo, despréndense finas partículas de fariña que ensucian o muíño e ás persoas que están dentro. Estas partículas de fariña coñécense co nome de 
”foula”.

- A parte inferior do muíño, coñecida como “inferno”, é a encargada de move-la moa gracias á forza da auga que chega pola 
"canle". (Número 18). Nesta canle existe o denominado ”torna-augas”, (Número 33) que permite que pase ou non a auga á parte inferior do muíño:

a) A auga chega con moita velocidade e golpea contra a roda do muíño, coñecida como 
“rodicio”. (Número 25”). Antigamente o rodicio era de madeira, pero foron substituídos polos de ferro anos despois.

b) O “rodicio” está en contacto coa “moa” gracias a un ferro que sube dende o “inferno” ata o interior do muíño. Este ferro, que permite que xire a “moa” cando xira o “rodicio”, chámase 
”vara”. (Número 27).

partes_moinho.jpg




EXCURSIÓN AO PARQUE NATURAL 
DO MONTE ALOIA


Estivemos no Parque Natural do Monte Aloia, e alí aprendemos o que é un parque Natural (http://es.wikipedia.org/wiki/Parque_natural) e que en Galicia temos 7, se consideramos como parque natural  que as Illas Atlánticas, ainda que está considerado como Parque Nacional. Así temos, ademáis do anterior, o Parque Natural de Corrubedo, Parque Natural de monte Aloia,Parque Natural de O Invernadeiro,  Parque Natural de Fragas de Eume, Parque Natural de Baixa Limia- serra do Xurés,Parque Natural de Serra da Enciña da Lastra, Parque Natural de Complejo Dunar de Corrubedo.
Aprendemos moitisimas cousas entre elas as normas para estar nun Parque Natural..., fixemos unha árbore cos materiais que atopamos no chan...tamén atopamos plásticos e lixo que non debería estar alí...pero shhhh, fala baixiño, que se non asustamos aos animais! descubrimos moitas árbores, os piñeiros, os castiñeiros, os carballos, os acivros, as sobreiras,...Fixemos un percorrido polo parque e descubrimos a Pintega Rabilonga (en el año 2005 tuvieron grandes problemas en las traídas de aguas de Estás- Tomiño,  por la presencia de coliformes, y se solucionó  con un proceso de saneamiento de manantiales, desinfectando y utilizando a la píntega rabilonga, que desaparece cuando el manantial está contaminado".
"Salamandra rabilonga" Chioglossa lusitanica. (Salamántiga galega, Píntega rabilonga, Saramaganta, Pinchorra rabilonga. Salamandra dourada)
Descubrieron este anfibio durante las inundaciones del año 2006. "Nos dimos cuenta de que nos avisaba del riesgo de inundaciones y de que es un auténtico barómetro de pluviometría y de temperatura", asegura. Cuando la píntega advierte el riesgo de inundación se escapa a zonas en las que no hay peligro. Vive en el exterior y busca grutas para su puesta de huevos en lugares seguros. "Elige siempre el mismo sitio", comenta.) Para saber máis dela pincha aquí http://www.rios-galegos.com/anf10.htm .
Cando iamos merendar, comenzou a chover un pouquiño e voltamos ao autobus, pero en canto escampou...abaixo...preparados para a andaina.





A PITA PERDIDA

E aquí está o conto que  vai e vén..." a pita perdida" . Esta pita do monte andaba pouco namorada e iso que o loro bebía os ventos por ela...imos buscar a pita, a ver onde se meteu...
Este conto naceu da colaboración das familias e os nenos/as...foi un traballo fantástico. Gracias por animar aos nosos peques a ler e escribir...







Excursión a Grixó- 14 de maio de 2011
A verdade é que foi un día fantástico; entre os contos do camiño, a búsqueda do tesouro dos trasnos, os barcos de cortiza, o paso do río, a chegada á capela, os xogos, os trasnos, os contos baixo a cabana, a comida, os bailes...e moito máis, logramos facer deste sábado un día gratamente compartido e moi divertido. 


lunes, 6 de junio de 2011

ESTIVEMOS EN CAIXANOVA NA OBRA GUYI- GUYI

O luns 23 de maio estivemos na representación da obra Guyi-Guyi, sobre un crocodilo diferente. Unha obra moi emotiva que gustounos tanto que decidimos facer un proxecto sobre os crocodilos. Despois estivemos comendo no Parque de Castrelos. Pasámolo estupendamente.

miércoles, 25 de mayo de 2011

Chegaron pato e a oca a infantil

Esta mañá Tania troúxonos un agasallo moi especial. un patiño e unha oca que acaban de nacer e por riba teñen o mesmo tempo; curioso porque non teñen o mesmo tamaño, descubrimos que os dous teñen plumas, e teñen dentes? o pato non, a oca si. Tania falounos da diferencia de tamaño dos ovos e do que comían; observamos as patas, a forma do pico, a súa morfoloxía,...os nenos e nenas de infantil estaban  moi ilusionados e despois de visitar tódalas clases decidimos sair a xogar con eles fóra no patio. Que ben o pasamos!

martes, 17 de mayo de 2011

SEMANA SOLAR EUROPEA 2011
Do 24 ao 29 de abril celebramos no cole de Barrantes  a Semana Solar Europea. Coincidiunos moi ben, con moito sol e uns días espléndidos. Desenvolvemos moitas actividades coa participación de todos os niveis de infantil e primaria. Gracias a Javier e Montse por axudarnos a descubrir moitísimas cousiñas sobre a enerxía solar e por xogar e aprender con nós.
Esto foi o que fixemos:

  • CONSTRUCCIÓN DE FORNOS SOLARES. 
  • OBRADOIROS FOTOSALTÓNS,- con placas solares e distintos motivos para decoración.
  • XOGANDO COA ENERXÍA SOLAR.
  • COCIÑANDO CO SOL- Fixemos unha chocolatada e cada aula preparou unha receita para cada forno.
  • PASTEURIZACIÓN E DESTILACIÓN SOLAR.
  • CHARLA SOBRE A ENERXÍA SOLAR











sábado, 16 de abril de 2011

FIXEMOS UN MAIO
O venres 13 de maio os de infantil fixemos un maio. Trouxemos fiuncho...que ben cheira!, xestas, flores, colares de carrabouxos ou cocas, colares de pampullos,...e todos/as os de 3, 4 e 5 anos fixemos un maio moi florido.



LETRAS GALEGAS  17 de maio de 2011
Lois Pereiro, nado en Monforte de Lemos en febreiro de 1958, está considerado un mito da poesía galega contemporánea. Formou parte do denominado Grupo de Amor e Desamor, un conxunto de dez poetas da talla de Pilar Pallarés, Lino Braxe, Manuel Rivas, Mato Fondo, Xavier Seoane, Fenán-Vello... A súa obra fai del un autor de culto e representa a renovación e o achegamento aos lectores máis novos.
VIDEO SOBRE A VIDA DE LOIS PEREIRO FEITA POLO CICLO DE INFANTIL DO CEIP BARRANTES
- E, por que será que hai un día especial para as Letras Galegas?
- Pois porque ten que ser importante ( Diego)
- Non, ten que ser moi importante...( Iria)
- Porque falamos galego ( Noé e Elena)
- E o escribimos( Martín)
- E podo dar bicos en galego ( Elena)
- E a bandeira é blanca cunha rayiña azul ( Noé)
- Si é verdad. ( Yara)
- Bueno, pero eu son do Madrid ( Sabela)
- Pois é mellor o Barcelona ( Diego)
- Non é o Madrid ( Fran). Pero eu son galego.
-Porque naceches en Galicia? ( Profe)
- Bueno eso non, porque eu nacín en Barrantes...( Fran)
- Vale...e onde estará Barrantes?
- En Galicia profe ( Martín)
- Entonces somos galegos e galegas ( Fran)
- Non todos, mamá naceu en Brasil( Martín)
- E Brasil está cerca de Galicia? Onde está Galicia? Onde está Brasil?... 





RECURSOS LOIS PEREIRO

RECURSOS DO SEMINARIO GALÁN PARA INFANTIL


CONCURSO PITUFOMEDIOAMBIENTAL

Os de 5 anos decidimos participar no concurso " Como cuidamos el medioambiente"  de Los Pitufos e pareceunos boa idea facer un conto ( tiña que ser en castelán). Ao final  remitimos ó noso blogue para que coñezan o que facemos nós pouco a pouquiño polo medioambiente...pero dende logo estamos aprendendo moitas cousiñas sobre o mesmo e participamos con moito agarimo no seu coidado e repecto. Aí estamos...







Aprendemos a xogar ao xadrez

O martes 12 de abril, estivo no cole Judania, que nos achegou de xeito moi divertido ao xogo de xadrez. Explicounos moitas cousas interesantes, pero sobre todo a historia de cómo naceu o xadrez a través da representación. A historia do Rajá e o sabio foi moi interesante. Aprendemos que este Rajá quería divertirse, e aburríase de todo, ata que un día un sabio propusolle o xogo do xadrez e díxolle que non quería nada, que xa volvería cando soubese xogar o xadrez. Ao cabo dun mes voltou e o Rajá díxolle que lle pedise o que quisera. Claro, cando o sabio lle pediu 1 grano de trigo no primeiro cuadro de xadrez e nos seguintes o doble do anterior, o rei botouse a rir. Pero pronto a risa convertiuse en choro cando comprobou que non era quen de pagar con trigo ao sabio, non lle chegou todo o trigo do reino!.












jueves, 7 de abril de 2011

boufet leituga

Que mellor que celebrar o inicio da nosa horta e o 7 de abril Día Mundial da Saúde con un boufet leituga. Pasámolo estupendamente e estaba boísimo!. Collimos as leitugas da horta que  xa viñeran un pouco crecidas, lavámolas, preparamos os canapés.... Eso si, tivemos que mercar os tomates, as cenorias e o queixo para facer os canapés, porque na horta aínda non medraron...todo chegará!

Que rico estaba todo!




domingo, 3 de abril de 2011

EXCURSIÓN A ALCAMPO VIGO 2


O 22 de marzo, os nenos e nenas  de infantil ( 3,4 e 5 anos) visitamos o centro comercial Alcampo Vigo2.
Para os de 3 anos era a súa primeira saída fóra do entorno escolar.
Cando chegamos, fixemos un percorrido con  Inma ( do Rick e Rock) pola carnicería, pescadería e panadería.
 Na carnicería aprendimos que había carnes distintas, que os envases eran moi importantes en función da cantidade que queriamos mercar e tamén que habia que mirar as datas de caducidade e o precio.







Cando chegamos á pescadería, Inma contornos que había moitas clases de pesacados e mariscos, pero gustóunos moito saber que o peixe sapo é moi listo, e que por riba é peixe e pescador, porque ten unha caña de pescar e atrae as súas presas.

Tamén aprendemos que hais moitos mariscos distintos.


Despois estivemos na panadería. Bueno antes tivemos que vestirnos bata, gorro e chanclas para poder entrar e non contaminar.
Na panadería o pasamos moi ben porque alí explicáronnos como se facía unha tarta. Que rápido! E tamén as barriñas de pan. Os fornos son grandísimos e os panadeiros teñen guantes de ferro para non queimarse as mans.
Finalmente estivemos na recepción por donde entran e saen os camións que traen e levan mercancía.vimos os contenedores da reciclaxe, que xa traballaramos na clase.
Despois convidáronnos a unha merenda que estaba ríquisima e tivemos uns lindos agasallos ( Parchís, globos e imáns). Moitas gracias Alcampo vigo2!
 Esa tarde fixemos uns dibuxos do que máis nos gustou da visita, e aínda que foron moitas, unha das que máis gustou foi a realización da tarta.
Como no cole estamos a traballar as 3 R, e somos as pandas Bolboreta que coidan do planeta, lembramos cousas que non dou tempo a ver e que  xa traballaramos na aula: a caixa ecolóxica de cartón para as froitas e así non empregamos plástico, a bolsa feita de fécula de patata que tamén se pode empregar como fertilizantes.
Tamén lembramos que os productos se identifican con un código de barras que tamén está nos contos e nos libros e que é como o carné dos productos.
Temos que decir que non puidemos sacar fotos por mor do segredo profesional, só cando iamos acceder á panadería, no flunch, e no paseo polas tendas, que por certo chamounos moito a atención a tenda de animais. 






DICCIONARIO














ASÍ SON EU- HOXE SON O PROTAGONISTA!


Mamás e familias sodes estupendas! Aínda non estamos todas/os os de cinco anos pero xa queda pouco. Dende comenzo do curso estamos a traballlar a vida de cada neno. Nun libriño recolleremos moitas cousas da súa vida. Unha das actividades é que as familias veñan ao cole a contarnos e ensinarnos cousiñas de cada un/ unha e pasar un ratiño moi divertido. A cousa marcha, porque os nenos e nenas están encantados cando vén algunha familia á aula. O encargado/a recíbeo/a e se convida a sentar con normas de cortesía. Facemos as presentacións, aínda que nos coñecemos e empezamos... que ben que compartades con nós estos momentos. Nin imaxinades a ilusión que teñen cando saben que lles toca a súa familia vir a aula.Moitas gracias! Martín que mami regalounos unha visita á horta maravillosa e un paseo que queda pendente de facer entre todos/as. Patricia estivo con Noé e todos nós compartindo moitas cousas da súa familia. Gracias por achegarnos o teu sorriso aínda que non era o mellor momento da túa vida. Bicos de cores. Por certo pasárono estupendamente con Matilde e Adán ( irmán de Yara). Rímonos moitísimo e a pelexa de cojíns foi fantástica! E de Laura ( irmá de Diego) dicir que portouse estupendamente, e iso que recibiu moitísimos mimos porque non a deixábamos tranquila. Gracias Sonia por permitirnos disfrutar de tanta tenrura!Que lindos sorrisos!
Cando Bruno e máis Julia chegaron á aula, Elena estaba encantada. Mamá e os seus irmáns ían compartir con ela e con nós un momento especial. O mesmo sucedeulle a Iria que non sospeitaba que Alba ía baixar á clase cando chegaron papá e mamá ( Víctor e Aurora). Despois, ademáis de falar da familia, papi contounos un pouquiño a través dun video o seu traballo. foi fantástico. E para rematar un campeonato de coxeguiñas; estivo xenial!











 22 DE MARZO
DÍA MUNDIAL DEL AGUA
El objetivo del Día Mundial del Agua 2011 (DMA 2011) es centrar la atención internacional sobre el impacto del rápido crecimiento de la población urbana, la industrialización y la incertidumbre causada por el cambio climático, los conflictos y los desastres naturales sobre los sistemas urbanos de abastecimiento de agua. 

El tema de este año, Agua para las ciudades: respondiendo al desafío urbano, tiene por objeto poner de relieve y alentar a los gobiernos, las organizaciones, comunidades y personas a participar activamente para responder al desafío de la gestión  del agua urbana. 


Algúns recursos

DÍA DA POESÍA
Para traballar a poesía algúns recursos que serán de utilidade: