LETRAS GALEGAS 2013

sábado, 5 de octubre de 2013

VENDIMANDO EN ADEGAS VALMIÑOR
E chegou a vendima…

         Xusto esta semana comenzou a chover…pois nada a esperar que escampe. Pero que ben lle viu esta choiva  ás uvas …Cando nos achegamos a Carregal a vendimar xa estaban agardando por nós Tania e Fidel que con moito agarimo e paciencia  foronnos ensinando moitas cousas que para os nenos e nenas, ainda que moitos teñen viñedos nas súas casas, eran novas. Fixemos a vendima e transportamos. Despois o autobús acercounos ata a Adega de Valmiñor, onde o espectáculo da vendima  volveuse  xigante. Depósitos xigantes onde estaba o viño, controis de temperatura, espazos para a recollida e pesa da uva. Máquinas que separan o acio das uvas, a cinta transportadora, o prensado…tamén miramos onde se fai o etiquetado. Cantas cousiñas aprendemos!. Pero o mellor estaba por vir… puidemos disfrutar dunha degustación de mosto, que estaba delicioso…e brindamos!…porque poidamos medrar aprendendo e disfrutando do que temos ó redor…por contar con xente tan amable e disposta a ensinarnos…por  disfrutar da boa compañía de hoxe…CHIN CHIN. 


























ENTREVISTA

Pablo de 6º fixo unha entrevista a Tania de Valmiñor. As preguntas foron do máis espontáneas...e aprendemos moitísimas cousas mentres disfrutabamos desta festa que é a vendima.










Gracias a todo o equipo de Adegas Valmiñor por acollernos tan agarimosamente. Gracias especialmente a Tania e Fidel porque ensináronnos moitas cousas e con moita paciencia nos acompañaron no percorrido. Gracias a Carlos por facelo posible.

viernes, 4 de octubre de 2013

      MURAL DE REFORESTACIÓN


                E chegaron as árbores , e as pequenas mans para plantar o queimado, simbolizando o que non queremos, enchendo de vida o monte...que nos cobixa, que nos alimenta, que nos enche de aire e nos deixa medrar paseniño ao seu carón...queremos un corazón verde que nos permita amar o noso, ...e coidalo sempre !


lunes, 23 de septiembre de 2013

O  LUME  

O lume que leva a vida,
que leva os soños,
que leva a esperanza,
e o futuro...

En Barrantes sentimos, reclamamos, desexamos, e queremos comprometernos co monte galego, e con todos os montes e parques naturais que ano tras ano levan unha grande parte de nós... deixando silencio e negro.










http://www.censomineiro.org/

sábado, 8 de junio de 2013

TURONIA 2013

O 6 e o 7 de xuño esivemos de Turonia. Comenzamos no Chan do Cereixo, onde descubrimos que alí na fonte Salgueira nace o río Cereixo. Tamén descubrimos un xacemento neolítico, que Manolo Ledo explicounos facendo ademáis talleres prácticos.
Fixámonos nos nomes e na toponimia que a partires de aquí estarán presentes no noso percorrido. Temos que agradecer a Xose Lois Vilar, que anteriormente a facer este percorrido nos fixo chegar o seu saber sobre a toponimia deste lugar para poder transmitirllela aos nenos/as. Tamén acompañounos en parte do recorrido Angel o avó de Nico que nos fixo chegar o seu saber sobre a zona.
continuamos cara a Pinzás, a Igrexa, a Cruz do Meixón, e iniciando o traxecto o río de Covas, Alto das Curuxeiras, Regueira dos Carballos Cortados...Estivemos no escampado dos Porcos, no que tomamos conciencia da brutalidade e ignorancia sobre as accións humanas, na que a mámoa foi arrasada por unha excavadora...oxalá que non se repita e que podamos defender sempre  o noso patrimonio. 
Chegamos ao Burato dos Mouros, a regueira do estripeiral Grande onde puidemos falar e aprender sobre as explotacións mineiras do ouro. destacamos a importancia de ser explotacións ecolóxicas, e non ao emprego de contaminantes como o arsénico e cianuro que contaminan as nosas augas, a nosa terra e traerían moitas enfermidades ademáis da alteración brutal da paisaxe.
Continuamos cara a Vilachán do Monte e descubrimos  a cicuta e a dedalera, e as súas características e propiedades. Continuamos cara o alto da Castiñeira, onde atopamos un castro e aprendemos moitas cousas relacionadas con este tipo de construcións. Chegamos a Barrantes e despois de ducharnos, relaxarnos e cear tivemos sesión de Break Dance. A mañá continuamos o percorrido e detivemonos no Río Pego ao seu paso por Barrantes, buscando "indicium", tal como supoñemos que o farían os romanos, subindo do río principal polos afluentes. E descubrímolo,... A viaxe continuou cara a Estás para falar da auga, e alí sorprendeunos unha tormenta. Cambiamos de plans e comimos en Figueiró. Despois fomos visitar a exposición de pintura e escultura de Xuxo Malone en Goian e finalmente as piraguas dos Teixugos...Cantas cousas!!! Exploramos, descubrimos, patrimonio, ecoloxía, bioloxía, historia, toponimia, arte, educación física,...e moitisima convivencia e momentos inesquecibles. Gracias turónicos e turónicas por facelo posible un ano máis.





domingo, 26 de mayo de 2013

COOPERARTE 2013


Este ano imos celebrar as II xornadas COOPERARTE o vindeiro 28 de maio. Esta vez reunirémonos os tres centros en Principe Felipe, e levaremos a cabo moitas e interesantes actividades. Estamos moi contentos polo traballo ben feito ao longo do curso escolar e polo esforzo compartido dos mestres e nenos e nenas. Alí montaremos a exposición , e uns días máis tarde faremos un museo na nosa escola para que o visiten tamén as nosas familias. Feliz Cooperarte 2013!



domingo, 12 de mayo de 2013

LETRAS GALEGAS 2013


A Coordinadora galega de ENDL, publica na páxina de actividades de centros a nosa curtametraxe, e fai a súa distribución nas redes sociais. Parabens a todos e todas os participantes!
Nos soños de Bolaño

Os títulos dalgunhas das obras de Vidal Bolaño e a súa transformación nunha nova obra de teatro foron o fío condutor desta proposta orixinal e creativa para achegar o autor aos máis cativos.


http://www.coordinadoraendl.org/letras2013/centros.php

En Tomiño, quixemos rendir homenaxe a un dos GRANDES da nosa cultura galega, e o CEIP de Barrantes, a Ludoteca  Xoaniñas e a Galiña Azul participamos na elaboración deste video que recolle os títulos dalgunhas das súas obras e as transformamos nunha nova obra de teatro. Esperamos que vos guste.

lunes, 6 de mayo de 2013

LETRAS GALEGAS 2013

Achéganse as Letras Galegas e este ano Roberto Vidal Bolaño, vai encher de teatro as nosas aulas. esta semana daremos comenzo a grabación dunha obra de teatro que vai conxugar o seu ben facer creativo e artístico. 

"O DÍA DAS LETRAS GALEGAS", CADA 17 DE MAIO,

FOI INSTITUÍDA NO ANO 1963 POLA REAL ACADEMIA GALEGA PARA CONMEMORAR A PUBLICACIÓN DO LIBRO DE ROSALÍA DE CASTRO " CANTARES GALLEGOS", UN 17 DE MAIO DE 1863,CONSIDERADA COMO A OBRA LITERARIA QUE INICIA O "REXURDIMENTO" DA LITERATURA E DA CULTURA GALEGA MODERNA. A PROPOSTA DE CELEBRAR ESE DÍA FOI FORMULADA POR TRES MEMBROS DA REAL ACADEMIA GALEGA, MANUEL GÓMEZ, XESÚS FERRO COUSELO E FRANCISCO FERNÁNDEZ DEL RIEGO.

A primeira escritora homenaxeada, no ano 1963, foi a mesma Rosalía de Castro 

seguíndolle en anos posteriores: Alfonso Castelao, Eduardo Pondal, Francisco Añón, 

Curros Enríquez, López Cuevillas..





Mentres aquí quedan uns enlaces interesantes para afondar máis na vida e obra deste autor.

SEMINARIO GALÁN

ACTIVIDADES



ACTIVIDADES LIM VIDAL BOLAÑO






martes, 16 de abril de 2013


OBRADOIRO DE TOPONIMIA

O vindeiro venres estarán na escola Rosana e Xosé Lois, xogando con nós e coa TOPONIMIA...vaia, e que é iso, un novo xogo?, que significa esa palabra profe?...ten que ver cos topos?...  que vos parece se imos empezando por facernos preguntiñas e ofrecendonos respostas, e podemos ler  o conto dos Bolechas e a orixe dos nomes dos lugares... contarnos cousiñas que saibamos, podemos preguntar na casa, buscar nos libros, nos contos...e quizais incluso nos nosos soños ( Eu :" Soñei cun fermoso lugar que se chamaba Vozqueimado; o seu nome gustoume moito, e investigando, atopeino aquí na nosa fermosa Galicia, nun lugar pretiño de Manzaneda ou tamén chamada Cabeza Grande polos triveses, onde os trasnos todavía comen grans de millo, pero de tres en tres, e as súas trasnadas son escritas pola xente do lugar debaixo daquel fermoso castiñeiro, no libro das palabras do vento... e sabedes que me dixeron os trasnos?... moi baixiño dixéronme que significaba Bosque queimado, ...será certo?") ,...a ver vós que coñecedes que haberá lugares moi interesantes .E para que non se nos esquezan as cousas  imos apuntalas, e con moita ilusión, agardamos por Rosana e Xosé Lois para seguir aprendendo moitas máis cousiñas...mirade este video e temos o  power point para traballar con el,...e o venres vémonos.

     Mirade o que están a facer no concello de Vigo...tamén xogan coa toponimia! e que cousiñas tan interesantes teñen recollidas xa no blog! ata mesmo estamos nós. Que bo traballo están facendo. Moitos parabens dende Barrantes!

Toponimia de Vigo




jueves, 11 de abril de 2013

Día del libro


Día do libro, 23 de abril



A celebración do día do libro remóntase a principios de século. A historia do libro faise festiva e surxen actividades literarias en toda España. Hoxe, o día 23 de abril celébrase en todo o mundo, o Día do Libro internacional.

A orixe do día do libro remóntase a 1930. O 23 de abril de 1616 falecían Cervantes e Shakespeare. Tamén nun 23 de abril naceron - ou morreron - outros escritores eminentes como Maurice Druon, K.Laxness, Vladimir Nabokov, Josep Pla ou Manuel Mejía Vallejo. Por este motivo, esta data tan simbólica para a literatura universal foi a escollida pola Conferencia Xeral da UNESCO para render unha homenaxe mundial ao libro e os seus autores, e alentar a todos, en particular aos máis novos, a descubrir o pracer da lectura e respectar a insubstituíble contribución dos creadores ao progreso social e cultural.

A idea orixinal desta celebración partiu de Cataluña, do escritor valenciano Vicente Clavel Andrés, propoñéndoa á Cámara Oficial do Libro de Barcelona. Pouco despois, en 1930, instáurase definitivamente a data do 23 de abril como Día do Libro mundial, onde este día coincide con Sant Jordi (San Jorge), patrón de Cataluña e Aragón e é tradicional que os namorados e persoas queridas se intercambien unha rosa e un libro.

El día del libro.

O Día do Libro foi proposto pola Unión Internacional de Editores (UTE), e presentada polo goberno español á Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura (Unesco). En 1995, aprobouse proclamar o 23 de abril de cada ano o "Día Mundial do Libro e do Dereito de Autor".

RTVE- LA VUELTA AL MUNDO EN 80 LIBROS - PROGRAMA RADIOFÓNICO

OS CONTOS DA RATA LUISA

e ti...por que les?