LETRAS GALEGAS 2013

sábado, 19 de noviembre de 2011

Santi contounos uns contiños

O martes 22 de novembro, Santi ( pai de Santi e Brais) estivo no cole contándonos uns contiños pequerrechiños; o primeiro era dunha folliña que non se enterara de que chegara o outono e non quería caer; o segundo era o conto dos tres porquiños, pero non sabiamos que o lobo convertiuse no primer lobo astronauta da historia, porque chegou á lúa cando queimou o cu, na pota de auga quente...cando voltou á Terra xa era vexetariano, porque na lúa so comía leituga, tomate, e moitas verduras. Santi, podes cantarnos tamén unha canción?...Claro!


Espero el tren de las cinco de la tarde,
un señor le dijo a otro señor,
que en el tren de las cinco de la tarde
hay un vagón cargado de....



Noelia e Mónica contáronnos uns contiños


Estas mamas de 3 anos viñeron a escola a contarnos uns contiños: os tres porquiños e pinocho.
Estivemos na biblioteca e o pasamos moi ben, e iso que non mantivemos todo o silencio que deberiamos e houbo que lembrar as normas unha vez máis. Gracias mamis por facernos pasar un rato tan agradable.

No hay comentarios:

Publicar un comentario